Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Trabada critica que a piscina municipal leve pechada dende o día 10 de xullo

 Trabada, 14 de xullo, 2019. O Partido Popular de Trabada critica que a piscina municipal leve pechada dende o día 10 de xullo.

Así, o voceiro do Grupo Municipal Popular, José María Fernández Vázquez, indica que “en pleno verán a piscina municipal non pode permanecer pechada durante case unha semana privando aos veciños e veciñas do seu uso nos días de máis calor do ano e de maior afluencia de público”.

O voceiro popular demándalle á alcaldesa, a socialista Mayra García, que faga unha planificación axeitada deste servizo para que non volva a suceder o mesmo en vindeiras tempadas estivais.

Os populares trasladan esta critica ao saber que a rexedora manterá a piscina municipal pechada entre os días 10 e 15 de xullo ambos incluídos, en pleno verán, ao non ter monitores que atendan o servizo.

Exit mobile version