Site icon Crónica3.com A Mariña

OPP Lugo organiza este xoves unha xornada sobre a eficiencia enerxética nos buques pesqueiros

 Burela 15-7-19. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo organiza este xoves 18 de xullo un obradoiro sobre a eficiencia enerxética nos buques pesqueiros. A xornada, que se organiza en colaboración con Armadores de Burela, terá lugar no salón de actos de ABSA, no porto de Burela (Lugo).
Desde as 10:00h ata as 13:00h sucederanse diferentes charlas de interese sobre a materia, agrupadas en dous bloques temáticos:
BLOQUE I. A eficiencia enerxética nos buques pesqueiros
“Introducción á eficiencia enerxética no deseño dos novos buques pesqueiros”; José Ramón Antón (CARCELLER).
“Melloras na Hidrodinámica: formas e apéndices. Propulsores e timóns adaptados ao deseño do buque”; Adrián Sarasquete (VICUS DT).
“Análises de diferentes sistemas de propulsión”; José Ramón Antón (CARCELLER).
BLOQUE II. Tecnoloxía e mantementos
“Cofriview 365, eficiencia enerxética e mantemento predictivo”; José Luis Fernandez e Martín Queijas (COFRICO).
“Tecnoloxías innovadoras para unha pesca eficiente e sostible”; Carlos Groba (MARINE INSTRUMENTS).

Exit mobile version