Site icon Crónica3.com A Mariña

Roteiro por San Cibrao

Trátase dunha das experiencias medioambientais xuvenís que organiza o Concello de Cervo este verán que están dirixidas á mocidade de entre 12 e 17 anos. Nesta ocasión consistiu na realización dun roteiro por San Cibrao. A rapazada estivo acompañada pola edil de Ecoloxía e Xuventude, Denise Galán, e pola edil de Educación, Dolores García Caramés. Hai programadas outras tres xornadas medioambientais para os meses de xullo e agosto que ademais do medio ambiente tratarán o coidado do medio rural, do medio mariño, de plantas costeiras, de especies mariñas e costeiras ou a concienciación nas festas e eventos

Exit mobile version