Site icon Crónica3.com A Mariña

Tá en Artes convoca a persoas con interese creativo e de intercambio

A Mariña 19-7-19. Dende a necesidade e interese de xestar un espazo de encontro no cal poder intercambiar, crear, compartir e coñecernos lanzamos a primeira proposta de xuntanza o domingo 21 de Xullo ás 11h da mañá na casa da Administración de Sargadelos en Cervo.
Retomamos o vello compromiso da acción xunto a organización. Esta acción basease en recuperar o espazo efectivo de creación. Un espazo no cal exista a posibilidade de dar cabida ás múltiples experiencias e respectivos procesos no ámbito creativo, no cal se xere comunidade en torno ao amplo termo que supón a palabra arte para cada un de nós. Trátase de facer unha xuntanza activa.
Impulsan as artistas: Lucìa Vila, Cris Basanta, Ana Urìa e o artista Neira Brochs.
Nesta xuntaza activa do día 21 haberá un espazo de intercambio creativo no cal compartiremos uns textos de Lucía Vila e estará aberto á participación espontánea.
Outra parte do encontro será para continuar traballando no afianzamento deste espazo desexado.

Exit mobile version