Trátase da segunda proba de piragúismo máis antiga de Galicia e a terceira máis antiga do estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño. O Clube Kayak de Foz que a organiza cun esforzo e resultados a eloxiar, aporta coa súa actividade unha alternativa de deporte saudable e en contacto coa natureza para a xuventude da vila. Nos últimos anos, a agrupación tratou de relanzar esta actividade entre a xuventude, posto que é unha maneira máis de disfrutar do mar e a ría, aproveitando así a situación do concello, moi propicia para desenvolver este deporte. Xa foron varios os padexeiros destacados en torneos nacionais e internacionais que a carón de actividades vinculadas a Ría de Foz e a súa travesia, permite levar o Concello de Foz moito mais alá de Galicia.
A proba acada pois, méritos abondos para ser declarada de interese turístico de Galicia xa que para este obxectivo valoranse positivamente as manifestacións de exaltación de tradicións, cultura, gastronomía, etnografía e os eventos deportivos, xa que son unha demostración da acollida, amabilidade e hospitalidade pola que Galicia é recoñecida no mundo.
O Concello de Foz a traves da Concellaría de Deporte e Xuventude, ven de iniciar os trámites para poñer ainda mais en valor unha festa do deporte e de exaltación do medio natural do noso Concello.