Site icon Crónica3.com A Mariña

As Raíñas locen unha peza moi especial grazas ao detalle do seu patrocinador deportivo, Joma, que agasallou a xogadoras e corpo técnico unha chaqueta personalizada en recoñecemento polo título de I Copa de SM A Raíña

O equipo de Juanma Marrube xa foi obsequiado tamén polo éxito do ascenso a Primeira LNFS, na primavera. A marca española e Pescados Rubén Burela FS selaron a renovación do seu acordo de patrocinio o pasado verán dando continuidade a unha relación que comezou na tempada 2011-12. Joma vestirá a toda a estrutura do club laranxa ata 2020, tanto en Primeira División RFEF coma LNFS, así como aos máis de 160 nenos/as que compoñen as categorías de base.

Exit mobile version