Puideron ver, ademais, que ter unha mascota require de moitos coidados e compartiron experiencias. Abordouse o importante que é que antes de comprar pensen en todos os animais que están desexando ter unha oportunidade nun novo fogar, e que, polo tanto, se están pensando en ter unha mascota, que adopten.
Foi unha xornada solidaria na que lles temos que agradecer a súa colaboración porque os nenos e as súas familias doaron diferente material para os animais que están na protectora (area, comida, xoguetes…).
Unha mañá moi divertida, lúdica e didáctica na que se incidiu no respecto animal.