Site icon Crónica3.com A Mariña

Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte (Xove)

 Xove, 23 de agosto, 2019. Este sábado, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.

A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.
-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.

No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:
Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:
1º premio: 90 €uros
2º premio: 70 €uros.
3º premio: 50 €uros.
4º premio: 40 €uros.
5º premio: 30 €uros.
6º premio: 20 €uros.

Concurso de “Maior número de reses cabalares na Feira”:
1º premio: 90 €uros
2º premio: 70 €uros.
3º premio: 50 €uros.
4º premio: 40 €uros.
5º premio: 30 €uros.
6º premio: 20 €uros.

Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira haberá varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.).

Xa pola tarde, haberá concurso de marcha a partires das 17:30 horas, cos seguintes premios en cada unha das dúas modalidades, Cruzados e Trotós:
1º premio: 90 €uros
2º premio: 70 €uros.
3º premio: 50 €uros.
4º premio: 30 €uros.

Exit mobile version