Site icon Crónica3.com A Mariña

Finalizaron as regatas da XXIX edición da Semana Náutica Ría de Ribadeo

 Ribadeo, 13 de agosto de 2019. Este luns inalizaron as regatas da XXIX edición da Semana Náutica Ría de Ribadeo coa celebración do IV Trofeo Banco Sabadell Gallego de vela tradicional, que gañou a embarcación Aquiles.
A proba, que se adiara o pasado martes debido á ausencia total de vento que houbo ese día, desenvolveuse moi rápidamente ó ser a tarde deste luns a que mellores condicións meteorolóxicas presentou nesta edición da Semana Náutica que organiza o Real Club Náutico de Ribadeo.
Despois de Aquiles, do Náutico ribadense, clasificáronse as embarcacións Ivamar, do Club Náutico de Figueras, e Círculo, do Real Club Náutico de Ribadeo.
Este sábado, 17 de agosto, celebrarase o acto de entrega de trofeos da XXIX Semana Náutica a partir das 20:00 horas nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo.

Exit mobile version