Site icon Crónica3.com A Mariña

No salón de plenos do Concello tivo lugar este sábado unha recepción á xogadora Ana Iglesias Sobrino, campioa de España coa selección autonómica de rugbi 7 e campioa de Liga.

Tamén foi subcampioa de España coa selección autonómica de rugbi 15 e terceira clasificada no Campionato de Europa de rugbi praia con España. Presidiron o acto a alcaldesa en funcións, Mariluz Álvarez Lastra, e o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije. Ambos felicitaron a Ana Iglesias polos seus éxitos deportivos e animárona a seguir adiante. A xogadora recibiu un agasallo do Concello de Ribadeo.

Exit mobile version