Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello informa que se está a realizar un seguimento da calidade da auga da praia de Celeiro

 Viveiro, 14 de agosto, 2019. Dende o Concello infórmase que se está a realizar un seguimento da calidade da auga da praia de Celeiro; tendo en conta que realizadas pola Consellería de Sanidade analíticas da auga, os resultados das mesmas son variables, xa que dan nalgúns casos o resultado de non apto e realizadas as contra analíticas resultan como apto.

Logo da última analítica realizada no día de onte que deu o resultado de apta, procederase por Sanidade á realización dunha nova analítica o vindeiro domingo; así mesmo dende o departamento de Medio Ambiente do Concello encargouse a realización dunha analítica complementaria. Dende Concello informarase a todos os usuarios da praia mediante un Bando, e así mesmo poñerase a disposición de todos os interesados, no taboleiro da praia de Celeiro, unha tabla cos resultados das analíticas que se van realizando, as cales tamén se poden consultar na páxina web:

sergas.es/saude-publica/documents/3734/20190809_controiszb2019_lugo

Polo anterior exposto, recomendase non bañarse pola variable das analíticas.

Exit mobile version