Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mércores arrinca Foz Market 2019 con food trucks, zona infantil e concertos para animar a tarde noite na explanada portuaria ata o vindeiro domingo, 18 de agosto

 Foz, 12 de agosto de 2019. Na explanada portuaria focense estanse a ultimar os preparativos da nova edición de Foz Market, que se celebrará do 14 ao 18 de agosto. O evento está organizado por Ruta Food Trucks, que conta coa colaboración do Concello de Foz e do Centro Comercial Aberto.
Desde a organización de Foz Market, Ángel Rojo, explicou hai uns días que “es la octava edición que hacemos este año. Es la continuidad de la feria de muestras multisectorial que hacíamos antes, que se convirtió ahora en el festival de food trucks de Foz, y es del 14 al 18 de agosto inclusive. Son cinco días y dentro de la programación tenemos una serie de conciertos de diferentes grupos de música. También tendremos la zona infantil y seguiremos en la línea de otros años”.
Pola súa banda, o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, lembrou que “son xa oito os anos que levamos desde a feira multisectorial e Foz Market dinamizando a segunda quincena de agosto na nosa vila e presentando unha oferta diferente para a xente que se poida achegar a Foz”.
A organización anima “aos visitantes que estes días se atopan pola zona e aos veciños e veciñas da nosa vila a achegarse a Foz Market para saborear as propostas gastronómicas que alí van atopar e para escoitar música en vivo”.
O mércores 14 ás 20:30 horas actuará Punta Norte e ás 22:30 horas tocarán Jin Tony’s Son. O xoves 15 ás 20:30 horas ofrecerá un concerto Valvulina e ás 22:30 horas actuará Tigers. O venres 16 ás oito e media da tarde tocará Gil & Hime e ás 22:30 horas será tempo para escoitar a Otus Scops. Os concertos seguirán o sábado 17 con Remakers ás 20:30 horas e Skuld ás 22:30 horas. E o domingo 18 actuarán ás 20:30 horas Swing XXI e ás 22:30 horas Half Black.

Exit mobile version