Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP esixe ao Goberno que axude aos armadores de pesca afectados polos continuos cortes de estrada entre Mauritania e Marrocos

Madrid, 12 de agosto, 2019. 12 de agosto de 2019.- O portavoz de Pesca do GPP, Joaquín García Díez, reclamou hoxe ao Goberno, mediante unha Proposición non de Lei, que adopte as medidas necesarias para paliar a grave situación que están a vivir algúns armadores de pesca que faenan ao amparo do acordo pesqueiro da UE con Mauritania.

Como explicou García Díez, “a folga de transportistas locais na fronteira entre Mauritania e Marrocos, que dura 6 meses, provoca importantes atrasos na entrega de peixe fresco facéndoo non apto para a súa venda, e supoñendo perdas millonarias para unha frota que factura en España máis de 15 millóns de euros”.

Por iso, segundo lembrou o portavoz popular, “o Goberno galego e o Grupo Popular dirixíronse en varias ocasións ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sen que se producise resposta satisfactoria”.

Ademais, concluíu, o GPP nesta iniciativa propón abrir unha vía con carácter extraordinario para efectuar as súas descargas no porto de Dakhla, establecer axudas económicas ás frotas afectadas ao amparo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e que o novo acordo pesqueiro con Mauritania (o actual caduca en novembro) conteña medidas que permitan facer fronte a eventualidades coma esta.

Exit mobile version