Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación mantén unha ronda de reunións con representantes municipais e de entidades da provincia

 Lugo, 22 de agosto de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, está a manter dende a conformación do Goberno unha ronda de reunións con representantes municipais e de entidades e colectivos da provincia para coñecer de primeira man as súas demandas e preocupacións, e abordar futuras colaboracións. Así, esta mañá, Tomé mantivo varios encontros, entre outros, cos alcaldes de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, e Sober, Luis Fernández Guitián, unhas entrevistas cordiais nas que os mandatarios lle expuxeron ao Presidente as necesidades que detectan nos seus municipios.

Exit mobile version