Site icon Crónica3.com A Mariña

Obras na rúa Benito Galcerán de Viveiro

Viveiro, 8 de agosto, 2019. O Concello de Viveiro está a levar a cabo a actuación denominada “Reposición de pavimentos y servicios entre el número 16 y el colegio San Roque de la Avda. Benito Galcerán – Viveiro (Lugo)”, a executar pola empresa Construcciones Jesús Naray, S.L., por un importe de 42.988,88.

A actuación comprende dentro da totalidade do vial, as beirarrúas comprendidas entre o número 16 e o colexio San Roque.

O tramo de beirarrúas sobre o que se pretende actuar está dotado dos servizos de rede de saneamento e un pequeno tramo posúe rede de pluviais. Algúns dos servizos foron realizados fai moito tempo, co que debido ao uso e ás diferentes roturas presentan deterioros que afectan ao bo funcionamento, sendo necesaria a reposición dos mesmos para garantir un bo funcionamento de ditos servizos urbanos.

O obxectivo desta actuación é a mellora dos servizos urbanos existentes na beirarrúa dereita da rúa Benito Galcerán, así como a pavimentación con losetas de granito, mantendo as alineacións e característica do vial actual, así como a reposición dos servizos de saneamento e rede separativa de pluviais, prolongando a rede separativa de augas pluviais, da cal carece o tramo superior.

Esta actuación está financiada integramente pola Deputación de Lugo, e vense executando nestas datas, en cumprimento dos prazos establecidos no Convenio de Cooperación e tendo en conta os trámites realizados previos a súa adxudicación.

Exit mobile version