Site icon Crónica3.com A Mariña

Os obradoiros de emprego financiados pola Xunta nos últimos meses melloraron máis de 150 instalacións e espazos púlicos en 50 municipio lucenses

 Lugo, 5 de agosto de 2019.- Os 20 obradoiros de emprego financiados pola Xunta de Galicia nos últimos meses -que se están clausurar nestes días- executaron obras de mellora en máis de 150 instalacións e espazos públicos de 50 concellos da provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu 5,6 millóns de euros nestes programas, que proporcionaron emprego a preto de 500 persoas, das que 360 foron alumnos traballadores que recibiron formación teórica e práctica en distintas especialidades co fin de mellorar as súa empregabilidade.

Balseiro lembrou que o obxectivo prioritario dos obradoiros é precisamente “reorientar a traxectoria profesional dos participantes cara a áreas con boas perspectivas de integración no mercado laboral”. Neste sentido, lembrou que na última convocatoria “realizáronse oito obradoiros duais, o que supón que 70 participantes disfrutarán de tres meses máis de contrato en empresas locais, logo de ter completado os nove meses xenéricos de formación”.

Porén, engadiu o delegado, “hai un segundo obxectivo, que é tamén moi importante para os concellos, dado que contribúen a reforzar os servizos e as dotacións dos concellos, executando traballos que doutro xeito terían que asumir as arcas municipais”.

Balseiro explicou que “os traballos realizados son moi diversos, pero todos teñen en común que contribúen a mellorar infraestruturas municipais e a embellecer o entorno”: Dende labores de sinalización á construción de mobiliario urbano, coidado de xardíns e zonas verdes, recuperación de fontes e lavadoiros, traballos silvícolas, habilitación de espazos para o deporte e o ocio, ou mantemento de edificios municipais, entre outros.

Balseiro detallou algunhas das obras que deixan os obradoiros nas diferentes comarcas. Así, afirmou que na Mariña houbo 5 obradoiros que actuaron sobre máis de 50 instalacións e espazos públicos. Na zona centro desenvolvéronse cinco obradoiros que levaron a cabo unha trintena de intervencións. Na Terra Chá realizáronse catro obradoiros que tamén melloraron máis de 50 elementos. Na zona sur catro obradoiros executaron 14 obras, e por último, na Montaña desenvolvéronse dous obradoiros que deixaron 14 obras.

Igualmente, algúns obradoiros centráronse na realización de servizos, como a organización e dixitalización de documentos municipais, caso de Ribadeo, Sarria ou Vilalba; a atención sociosanitaria, que tamén tivo cabida en Pantón, O Vicedo e Ourol; ou o uso das TIC e a dinamización cultural, temas que centraron os dous obradoiros concedidos ao concello de Lugo -un deles para menores de 30 anos-.

O delegado concluíu avanzando que “xa estamos inmersos nunha nova campaña, de modo que proximamente resolveranse e poranse en marcha os novos obradoiros, que abundarán nesta tarefa de mellorar as infraestruturas e os servizos municipais”.

PRINCIPAIS OBRAS E SERVIZOS REALIZADOS POLOS OBRADOIROS DE EMPREGO

1.- OBRADOIRO DE EMPREGO “ EO- NAVIA II”

Entidade Promotora : Concello de A Pontenova
Concellos Asociados : A Fonsagrada, Negueira de Muñiz

Concello de A Pontenova:
– “Substitución da cuberta e reforma da antiga escola de Xudán”.

Concello de Negueira de Muñiz :
– “Rehabilitación de camiños tradicionais e construcións de interese etnográfico : Vial de Vilas de arriba, vial del lavadoiro, seimeira de Negueira e pozo de Bustelo”

Concello da Fonsagrada:
-“Mellora e acondicionamento do edificio da escola unitaria da Pobra de Burón”.

2.- OBRADOIRO DE EMPREGO “RIBADEO CO CAMIÑO”. Concello de Ribadeo

– Obras de acondicionamento da área recreativa da Palmeira en Ove ( o campin) ao seu paso polo camiño de Santiago.
– Creación dunha área recreativa en Vilela ao seu paso polo Camiño de Santiago.
– Acondicionamento da área recreativa da Capela do Carme de Vilela
– Acondicionamento do espazo de A Fonte en San Vicente na parroquias de Covelas, ao seu
paso polo camiño de Santiago.
– Acondicionamento e limpeza da contorna do Camiño Norte en xeral
– Elaborar e desenvolver as diversas programacións culturais deseñadas en coordinación co servizo municipal de cultural para poñer en valor o patrimonio directamente relacionado co Camiño de Santiago dentro das rutas sobre as que traballa o Consello Xacobeo.
– Creación dun canle cultural, un novo espazo público virtual de comunicación e coñecemento do tramo do Camiño que atravesa o municipio e tódalas iniciativas que se leven a cabo no Obradoiro de emprego.

3.- INFORME DE OBRADOIRO DE EMPREGO “DOC – TIC II”. Concello de Ribadeo (menores de 30 anos)
– Dixitalización da serie documental de “actas capitulares” do fondo documental do Excmo
Concello de Ribadeo (Séculos XIX-XX).
· Dixitalización de documentacion singular serie documental do Fondo documental do
Concello de Ribadeo( planos, correspondenciua , documentación de personal)
Operacións de grabación e tratamento de datos e documentos (ADGG0508)
– Organización, descripción e informatización do fondo documental, pertenecentes ao
denominado arquivo administrtivo do arquivo municipal de Ribadeo.

4.- OBRADOIRO DE EMPREGO “SERRA DA CADEIRA V”

Entidade Promotora : Concello de Barreiros
Concellos asociados: Lourenzá, Mondoñedo, Trabada

Concello de Lourenzá:
– Acondicionamento de parques, xardíns e áreas verdes no entorno : da Igrexa de San Adrao e paseo , da capela de San Sebastián, área do Calvario, escola do Castro, entorno da Igrexa de Santo Tomé, área do Pereiro, entorno da Igrexa de San Xorxe, fonte das Carruceiras, área ruta colesterol, da Gracia e centro de día, piscina municipal, campo do Torreón. área da Cazolga, escola de Arroxo, acceso a Lourenzá
– Mantemento dos elementos de madeira dos parques infantís do concello de Lourenzá
– Mantemento dos bancos de madeira do concello de Lourenzá

Concello de Barreiros:
– Restauración do albergue de Gondán

Concello de Trabada:
– Parque norte do edificio do concello
– Mantemento da ruta do Camiño de Santiago nos tramos:
– Tramo de Sante.
– Sante a Trabadela
– Trabadela a Abraira
– Trapa a Cadeira
– A Cadeira a Límite Lourenzá
– Restauración ambiental das concas dos regos:
– Vidal
– Vilaforman a desembocadura
– San Martiño

Concello de Mondoñedo:
– Traballos de mantemento Camiño de Santiago
– Construción varanda madeira para a Ponte do Pasatempo.
– Limpeza do cauce do río Valiñadares e canles polos que discorre o camiño no barrio dos Muíños

5.- OBRADOIRO DE EMPREGO “SENDAS DE BURELA, CERVO E XOVE V”

Entidade Promotora : Concello de Cervo
Concellos Asociados : Xove e Burela

Concello de Xove:
– Acondicionamento centros sociais do Monte, Lago, Sumoas, Portocelo e Rigueira.
– Acondicionamento pista deportiva pavillón municipal.
– Acondicionamento colexio público de Palmeiro.
– Acondicionamento zonas comúns e bancadas do campo de fútbol de Xove.
– Acondicionamento mobiliario urbano de Xove.
– Acondicionamento salón de actos cívico municipal de Xove.
– Mantemento da sinalización nas rúas.

Concello de Cervo:
– Creación de xardín ornamental no entorno da gardería municipal
– Mantemento dos parques da Raíña Sofía e das Lobeiras.
-Mantemento dos xardíns seguintes:
– Veiga en San Cibrao
– Rúa Aduanas.
– Praza de Lugo
– Rúa Capela en San Cibrao
– Rotondas da Avda da Mariña en San Cibrao
– Rotondas da Avda. De Galicia en Cervo.
– Rotondas Avda. da Veiga en San Cibrao
– Antiga fábrica de salgaduras en San Cibrao
– Campo da Feira de Cervo.
– Mantemento zonas verdes polígono industrial de Cuiña.

Concello de Burela:
-Mantemento de xardíns:
– Rúa Arcadio Pardiñas
– Parque Rosalía de Castro
– Rúa Leandro Curry
– Suafonte
– Parque da Tixola
– Rúa do Río
– Praza do Canabal
– Praza de Perdouro
– Parque do Campón,
– Paseo da Marosa.

6.- OBRADOIRO DE EMPREGO “CUMES DA TERRA CHÁ III”

Entidade Promotora : Concello de Begonte
Concellos Asociados : Friol e Rábade

Concello de Begonte:
– Renovación da cuberta do Local social de San Vicente de Pena (Antiga Escola Unitaria)
– Acondicionamento interior da planta baixa do Local Social en Baamonde,
– Mantemento e mellora de zonas verdes na localidade de Begonte:
– xardíns na contorna do centro médico:
– zona verde na contorna do colexio público de Begonte:
– contorna do polígono industrial:
– praza de Baamonde:
– contorna do colexio público de Baamonde:

Concello de Rábade:
– Execución da beirarrúa dereita da rúa Rosalía de Castro, terceira fase e pavimentación e execución de beirarrúa na N-VI.
– Mantemento e mellora de espazos verdes en Rábade:
– Contorna do campo de fútbol:
– Área verde no polígono industrial:
– Arbores ornamentais na beirarrúa da estrada N-VI:
– Area verde na contorna da casa das insuas (antigo concello de Rábade)
Concello de Friol:
-Execución das beirarrúas nas marxes da Estrada LU-231
– Mantemento das áreas verdes:
-Zona do Club Fluvial.
-Zona do Vello Campo da Feira, no centro da Vila de Friol.
– Contorna do Centro de Saúde de Friol.
– Área verde na proximidade da Casa Cuartel da Garda Civil.
– Zonas verdes na contorna do Colexio Público e Casa Consistorial.
– Zona verde no Campo da Torre.

7.- OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRA CHÁ FORESTAL”

Entidade Promotora : Concello de Vilalba
Concellos Asociados : Abadín
Concello de Vilalba

– Mellora de zonas verdes e forestais do Municipio de Vilalba :
-Mantemento de zonas verdes e xardín no casco urbano de Vilalba.
– Praza da Constitución
– Zona auditorio-Igrexa de Santa María
– Parque gardería infantil
– Parque Rouco Varela
– Cidade da cultura Manuel Fraga Iribarne.
-Área recreativa da Madalena.
-Tratamento silvícolas na parcela forestal A1 do polígono industrial.
-Tratamento silvícolas na parcela forestal Pagos de Carballosa.
-Tratamento silvícolas na parcela forestal de San Lorenzo de Árbol.
-Tratamentos silvícolas na parcela forestal da Veiga.
– Organización e dixitalización do arquivo Municipal de Vilalba

Concello de Abadín

– Mellora paisaxística e posta en valor das zoas verdes e forestais no municipio de Abadín:
– Ruta dos muíños en Corvite.
– Área recreativa da Roxica en Gontan.
– Área recreativa da Arnela en Castromaior.
– Mantemento de zonas verdes no casco urbano de Abadín e Gontán.

8.- OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRAS DO SOR II”

Entidade Promotora : Concello de Muras
Concellos Asociados : Ourol, O Vicedo
Concello de Muras:
Elaboración e instalación de elementos de madeira no concello de Muras a levar a cabo para espazos e edificios públicos do Concello.
-Edificio da antiga Escola-Colexio da Balsa, obras de conservación.
-Casco urbano da localidade.
-A maiores fabricáranse indicadores de toponimia e bancos, pero no se inclúe a súa instalación

Concello de Ourol:
Elaboración e instalación de elementos de madeira no concello de Ourol a levar a cabo para espazos e edificios públicos do Concello.
-Centro Social de Merille
-Centro urbano de Ourol

Concello de O Vicedo:
Elaboración e instalación de elementos de madeira no concello de O Vicedo a levar a cabo para espazos e edificios públicos do Concello (148 carteis indicativos de toponimia)
– Fiestras para o centro social de San Román, situada no Vilar, parroquia de San Román.
– Na oficina de turismo situado xunto a casa consistorial: fabricación e instalación dunha mesa de oficina en madeira de iroko e dúas cadeiras de carballo.
– Bancos
– Estanterías para biblioteca
– Maqueta de barco para a Romaría Vikinga

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais na Residencia de anciáns “Betania” de Viveiro.

9.- OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMIÑO DA CHAIRA IV”

Entidade Promotora : Concello de Castro de Rei
Concellos Asociados : Cospeito e Outeiro de Rei
Concello de Castro de Rei:
– Reparación do edificio da pista polideportiva de Castro Ribeiras de Lea
– Reparación da cuberta do local social da parroquia de Bendia, e do local social da parroquia de Ramil

Concello de Outeiro de Rei :
– Cartografado dixital do inventario municipal das instalacións de protección de incendios, elementos patrimoniais, contedores e paradas de autobús

Concello de Cospeito :
-Reparación dos paramentos do polideportivo de Cospeito,
– Construción de gradas e reparación interior dos vestiarios do campo de fútbol
– Reparacións dos revestimentos de fachada dos locais sociais de Pacio e Xermar, ademais do interior do local social de Pacio.
– Intervencións no entorno da “casa das donas” na Feira do Monte.

10.- OBRADOIRO DE EMPREGO “BALIÑO 2”
Entidade Promotora : Concello de Pantón
Concellos Asociados : O Saviñao, Sober
Fabricación, colocación e adecentamento de elementos de mobiliario urbano (Diversas localizacións nos concellos de Pantón , Sober e O Saviñao).
Mobles para edificios públicos nos concellos de Pantón , Sober e O Saviñao.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións nos centros: Centro de día de Pantón, residencia Nosa Señora do Carme (Fundación San Rosendo), vivendas comunitarias O Saviñao.

11.- OBRADOIRO DE EMPREGO “SERRA DO FARO IV”

Entidade Promotora : Concello de Carballedo
Concellos Asociados : Chantada
Concello de Carballedo:
– Acondicionamento da Área Recreativa Municipal da Barrela

Concello de Chantada:
– Rexeneración das beirarrúas e zonas verdes da Avenida de Monforte
– Mantemento do Monte San Lucas”
– Mantemento do Viveiro e Xardíns Municipais

12.- OBRADOIRO DE EMPREGO “ SILLOR V”

Entidade Promotora : Concello de Ribas de Sil
Concellos Asociados : Folgoso do Courel, Quiroga

Concello de Ribas do sil:
– Construción do Museo da Minaría Romana

Concello de Folgoso do Courel:
– Rehabilitación da escola de A Teixeira e o espazo dianteiro para centro social.
– Remates interiores do centro social de Sobredo
– Rehabilitación da escola de O Carballal e o espazo dianteiro para centro social

Concello de Quiroga:
– Reforma interior do pavillón polideportivo municipal
– Renovación do pavimento de lousa en varios espazos urbanos
– Pintura nas aulas do CEIP de Quiroga

13.- OBRADOIRO DE EMPREGO “ ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS DA ESCOLA OBRADOIRO A PINGUELA”. Concello de Monforte de Lemos

– Acondicionamento das instalacións das Escola Obradoiro de A Pinguela

14.- OBRADOIRO DE EMPREGO “ COMARCA DE ANCARES III”

Entidade Promotora : Concello de Cervantes
Concellos Asociados : Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela

Concello de Cervantes:
– Acondicionamento do edificio de servizos múltiples de San Román.

Concello de Navia de Suarna:
– Restauración das fontes de Paradela e Mera

Concello de Pedrafita do Cebreiro
– Rehabilitación das fontes de Vilanova e Modreiro.

Concello de Triacastela
– Limpeza e reposición do peche do Camiño de Pasantes.
– Muro de peche da escola de Vilán.

15.- OBRADOIRO DE EMPREGO “NEIRA DE JUSÁ IV”

Entidade Promotora : Concello de Baralla
Concellos Asociados : Becerreá, As Nogais
Concello de Baralla:
– “Acondicionamento do borde do Rio Neira.”
– “Acondicionamento do lavadoiro de Ferreiros “

Concello de As Nogais:
– Acondicionamento de muros do barrio de Alence
-lavadoiro de Lamazas.
-camiño de Alence.
– fonte publica de Nullan.

Concello de Becerrea:
– “Rehabilitación ds escola de Cruzul para Aula da Natureza”
– “Acondicionamento da Cámara Agraria para ampliación das instalación do GES”
– “Reforma da entrada a nave do mercado gandeiro para almacén de maquinaria do GES”

16.- OBRADOIRO DE EMPREGO “ DIXITALIZA SARRIA” . Concello de Sarria

– Conservación do estado orixinal dos pavimentos da Rúa Maior de Sarria .
– Rehabilitación dun solar para crear un espazo público de ocio
– Adecuación e posta en valor dos elemento de formigón para xogos de patinaxe, sitos na zona de “O Chanto”
– Dixitalización dos fondos do arquivo municipal de Sarria

17.- OBRADOIRO DE EMPREGO “InteracTICvate” . Concello de Lugo

– PRODUCIÓN FOTOGRÁFICA
– Dixitalización 3D de bens mobles do patrimonio histórico e arqueolóxico da cidade de Lugo: selección e dixitalización 3D de pezas arqueolóxicas depositadas na cidade de lugo.
– Virtualización de elementos e elaboración de contidos mediante fotografía 360º para a elaboración de rutas culturais que recollan os elementos patrimoniais máis significativos.
– Creación de catálogos temáticos e específicos de materiais arqueolóxicos 3D.

– DINAMIZACIÓN, PROGRAMACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS CULTURAIS

– Creación dun catálogo que recolla a arte urbana presente na cidade.
– Elaborar e desenvolver as diversas programacións culturais en coordinación co servizo municipal de arqueoloxía que contribúa a poñer en valor a historia e o patrimonio cultural da cidade entre a cidadanía.
– Proceder a revisión, selección e elaboración dos contidos que acompañarán aos diferentes elementos dixitalizados para incorporar toda esta información á aplicación web.

18.- OBRADOIRO DE EMPREGO “FORUM 4,0”. CONCELLO DE LUGO (Menores de 30 anos)

Confección e publicación de páxinas WEB IFCD0110
· Creación dun portalWEB de divulgación do traballo desenvolto polo concello no eido
arqueolóxico e patrimonial.
· Creación e adaptacion de contidos e productos elaborados polo concello para implementar
na paxina web e favorecer o seu coñecemento pola cidadanía
Xestión de marketing e comunicación COMM0112
· Posta en marcha dun traballo de comunicación e marketing dixital en coordinación co
servizo municipal de Arquoloxía que desenvolva unha marca através do deseño dunha
imaxe corporativa.
· Deseño e creación de perfís de redes sociais, blogs,ferramentas que contribuiran á
difusión de contidos vencellados á interpretación e xestión do patrimonio arqueolóxico na
cidade.
· Proceder a revisión, selección e elaboración e elaboraciñon dos contidos que
acompañarán aos diferentes elementospara indorporar toda esta información á aplicación
web.

19.- OBRADOIRO DE EMPREGO “ O CASTRO IV”

Entidade Promotora : Concello de Castroverde
Concellos Asociados : Pol, A Pastoriza, Ribeira de Piquín e Riotorto
Concello de Castroverde:
– Tratamentos silvícolas e de conservación de montes no “ Monte Veciñal en Man Común de Carballal de Furís”.

Concello de A Pastoriza:
– Tratamentos silvícolas dos camiños e zona verde de Baltar.
-Ruta de sendeirismo Maeloc e Bretoña.

Concello de Pol:
– Tratamentos silvícolas dos camiños no concello de Pol:
– Lúa
– Susá
– Fontao
-Cadegunde

Concello de Riotorto:
– Tratamentos silvícolas dos camiños forestais do concello.
-O Mazo a Soutelo
– Vale
– Souto de Val
– Ramallide
-Lombo de Murias
Concello de Ribeira de Piquín:
– Tratamentos silvícolas dos camiños forestais do concello.
– A Budueira
– Os Cangos a Muxén
– Acceso a Cuiña
– San Fiz
– Meiroi.

20.- OBRADOIRO DE EMPREGO “ULLA MIÑO V”

Entidade Promotora : Concello de Antas de Ulla
Concellos Asociados : Palas de Rei, Monterroso, Taboada e Portomarín
Concello de Antas de Ulla:
– Rehabilitación de edificación tradicional en Santa Mariña para destinala a local social (terceira fase).
– Mantemento de masas forestais e vexetación nos camiños e zonas verdes para a conservación do hábitat Parcela catastral nº 15 Polígono nº 32 – Frádegas

Concello de Monterroso:
– Mantemento de masas forestais e vexetación nos camiños e zonas verdes para a conservación do hábitat Paseo das Quendas a Feiravella.
– Acondicionamento de planta baixa de antigo centro de saúde para oficinas municipais

Concello de Palas de Rei:
– Mantemento de masas forestais e vexetación nos camiños e zonas verdes para a conservación do hábitat: Paseo fluvial de Ponte Roxan e Area Recreativa Os Chacotes.

Concello de Portomarín:
– Humanización do contorno da Igrexa de San Nicolás.
– Acondicionamento de xardíns da Capela de San Pedro.

Concello de Taboada:
– Mantemento de masas forestais e vexetación nos camiños e zonas verdes para a conservación do hábitat : Area Recreativa de A Medela
– Ampliación de vestiarios do Campo de Fútbol Municipal de A Medela.

Exit mobile version