Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas apoian as reivindicacións dos enfermeiros eventuais

 Burela, 12 de agosto de 2019. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero, e a Voceira de Sanidade do PSOE no Congreso, Ana Prieto, acompañadas de Alcaldes, concelleiros e militantes da Mariña, participaron hoxe en Burela na mobilización do colectivo sanitario “Enfermeiros Eventuais en loita”.

Un acto reivindicativo que se celebrou diante do Hospital da Costa de Burela, no que o colectivo de enfermeiros denunciou as súas condicións laborais, xa que alertan dunha alta taxa de inestabilidade e precariedade laboral na sanidade.

Otero remarcou que dende o PsdeG-PSOE “apoiamos as reivindicacións destes traballadores que denuncian as súas condicións laborais, e ao mesmo tempo esiximos ao Sergas que cumpra coa Lei de Transparencia e faga públicas os datos reais das listas de espera da nosa Comunidade”, insistiu.

Exit mobile version