Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da XXXIV edición da Feira do Libro de Foz

 Foz, 5 de agosto, 2019. A XXXIV edición da Feira do Libro de Foz, decana na Mariña e de Lugo e terceira máis antiga de Galicia, presentouse esta mañá.

O alcalde focense Fran Cajoto e a delegada de Cultura da Xunta de Galicia María Jose Gómez presentaron o acto e animaron á participación nunha cita ineludible do verán de Foz. Tamén asistiron á presentación Cielo Fernández e Hector Moris.

Numerosos escritores e librarías participarán no evento a partires do día 22 de agosto no cal Antonio Reigosa exercerá de pregoeiro e no que estarán firmando as autoras Rocio López e Carolina Sarmiento.

Dentro desta histórica cita literaria haberá espazo para a música e o baile do grupo “O Feitizo” ou a Banda de música de Foz. Ademais contarase cun concurso de debuxo que terá como xuíces a Daniel Caxigueiro e Paz Quiroga.

O pobo de Foz, cuna e inspiración de grandes autores, estará centrado un ano máis na gran cita anual das súas letras por iso convidamos a grandes e maiores a gozar xuntos da cultura.

Exit mobile version