Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentados Yago Cruña e Jesús Losada (Chicho) ó fronte do xuvenil e Michael Sante e Jose Hernández co Cadete e infantil do Lourenzá

 Lourenzá, 8 de agosto, 2019. Coa presenza da Alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de deportes, Sonia Gavino, así como de directivos e do presidente Pablo Maseda; presentáronse os xogadores do equipo xuvenil, cadete e infantil para esta tempada 2019 2020.
Baixo o xuvenil que seguirá co patrocinio do Rei das Tartas asumen a dirección Yago Cruña e Jesús Losada. Yago incorporouse recentemente ó plantel de 1ª autonómica e conta co título de adestrador, e fará tándem con Jesús Losada que estivo durante varias tempadas formando parte tamén do 1º equipo das escolas e xa estivo en anteriores etapas como adestrador das mesmas.
Co equipo cadete de fútbol que seguirá patrocinando Excavaciones Ramsei estarán Michael Sante e Jose Hernández. Ambos xa estiveron os anos anteriores con este grupo de idade polo que coñecen o plantel á perfección. Ademáis traballarán co infantil de fútbol sala, que seguirá coa denominación de Ford Talleres Cardi un novo curso.

Exit mobile version