Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de pilotaxe de drons na aula CeMIT de Barreiros

 Barreiros, 20 de agosto 2019. O Concello de Barreiros xunto co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan a actividade “Voa con nós” para que os rapaces e rapazas se inicien no mundo dos drons creando un circuíto onde adestrarán as súas habilidades na pilotaxe destas aeronaves.
Comezarán coñecendo que é un dron, porque voa, que partes ten, … e despois pilotaranos. Unha vez iniciados na pilotaxe, probarán unhas gafas FPV para sentir a velocidade vendo o que ve un coche teledirixido con cámara incluída. Para os máis habilidosos que cheguen a dominar dron e coche, probarán a pilotaxe FPV nun dron.
A inscrición debe facerse na propia aula CeMIT (telf. 666 87 59 46) ou dende a web: https://cemit.xunta.gal

Exit mobile version