Site icon Crónica3.com A Mariña

A A.N.P.A. A Faxarda do Gregorio Sanz comeza as súas actividades co inicio do curso escolar

 Ribadeo, 11 de setembro, 2019. Este mércorees comeza un novo ano escolar para o alumnado de primaria de toda Galicia, ao mesmo tempo tamén o facemos nos, a A.N.P.A. A Faxarda, e volvemos con forzas renovadas despois do curso para tomar o pulso ao novo curso e esperar que sexa un ano redondo para todas e todos.
Un ano máis organizamos as clases extraescolares, continuando coas do pasado curso: xadrez, predeporte, cociña, ioga, robótica, intelixencia emocional, karate, mecanografía e informática, inglés, manualidades e teatro, para engadir as novidades deste curso de laboratorio periodístico 2.0., tardes Montessori, técnicas de estudo e deberes e máis. Todas estas actividades están orientadas para as idades do alumnado para que ninguén quede descolgado.
Seguiremos cos nosos programas bos días e boas tardes que son os servizos de gardaría antes e despois de clases para conciliar horarios laboral e familiar; transporte urbano, ou as rutas en autobús dentro do núcleo de Ribadeo; as formacións extracurriculares, fomentando o mellor coñecemento en sexualidade, medio ambiente, integración, etc.; e as xornadas de convivencia, onde facemos saídas para seguir coñecéndonos despois do cole.
Lembramos que imos continuar coas asembleas de traballo que faremos o primeiro luns lectivo de cada mes e que todas e todos están invitados e invitadas a asistir e participar, independentemente se son socias e socios ou non.
Lembramos tamén que calquera persoa pode seguir o funcionamento da A.N.P.A. a través das redes sociais (Facebook) ou no blog propio afaxarda.wordpress.com.
Feliz curso!

Exit mobile version