Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concelleria de Xuventude de Foz solicita á Consellería de educación aclaración definitiva sobre a realización de debates politicos en campaña electoral no IES

Foz, 20 de setembro, 2019. O PP de Galicia a través da Consellería de Educación, anulou o pasado 16 de maio de 2019, a última hora o debate proposto pola comunidade educativa no IES de Foz. Outra mostra de censura dun debate tradicional que o claustro do IES coa participación dos alumnos de 4º da ESO, bacharelato e ciclos formativos, levaba facendo dende o ano 2011, para diferentes convocatorias electorais. Os alumnos por moito que menores de idade e sen dereito ao voto, son o noso futuro e a educación é bastante mais que o currículum académico. Estanse a formar cidadáns e as ferramentas para a súa formación son moitas ademais das que torpemente a consellería considera exclusivas.
A educación en valores, a formación en cidadanía debe permitir que os alumnos recoñezan que a sociedade é política, que ten opinión e que se canaliza civilizadamente a través dos seus representantes, ou escollese libremente non optar por ningún. Pero para iso, débense propoñer ferramentas nas que os alumnos, futuros cidadáns de dereito e actores políticos podan sentirse útiles, e non meros copistas de apuntes e lectores de libros de texto. Outras organizacións políticas do concello de Foz,e educativas como a Nova Escola Galega consideramos que suspender un debate nun centro educativo vai de fronte contra o que debe ser unha educación aberta.
A Concellería de Xuventude do Concello de Foz quere apoiar publicamente a Dirección do centro educativo que propuxo este debate como unha actividade formativa para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato contexto no que se desenvolve o alumnado, e a política forma parte fundamental del. A consellería do PP non pode facernos crer que en plena campaña un debate con todos os candidatos dos veciños non é educativo. A inspección educativa non pode ser un medio autoritario e burocrático de control negativo da liberdade de cátedra, e non debe suspender un debate.
Por todo a Concellería de Xuventude en coordinación coa de Educación fai a actual proposta de alcaldía para instar ao Pleno do Concello de Foz a solicitar da Consellería de Educación a autorización definitiva e sen censuras para a realización de futuros debates electorais no IES de Foz dacordo coa organización que o claustro do Centro estime oportuno, unha iniciativa interna de formación, relacionada coa actividade política e a vida social, económica e cultural que se articula a través das Institucións democráticas da administración local, porque o alumnado tamén é veciñanza á que hai que formar no senso ético e cívico, o que é hoxe unha responsabilidade formativa que transcende aos centros, pero que tamén os inclúe e que o obxectivo do debate é promover unha educación aberta e problematizadora en relación co seu contexto.

Exit mobile version