Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación dará traslado ao Ministerio de Fomento da solicitude feita polo PP para sinalizar Burela na A- 8

 Burela, a 25 de setembro de 2019.- Dende o PP de Burela debemos recoñecer a manifestación feita no pleno de onte polo Presidente da Deputación no sentido de darlle traslado ao Ministerio de Fomento da necesidade de que unha vila coma Burela apareza sinalizada na A8 e que se mellore a sinalización, tanto do concello, como do Hospital da Mariña na N-642.
Esta manifestación foi feita como contestación ao rogo trasladado pola voceira popular, Elena Candia, no que expresaba a necesidade de que un municipio coma este debía de estar sinalizado na carteleira da autoestrada.
Neste senso, subliñan que, unha vez máis, quedou demostrado que o alcalde en funcións “lle mentiu aos bureleses, e xa van unhas cantas”. No pleno ordinario de novembro deixou dito, tal e como consta na acta do propio pleno, que a sinalización de Burela na A- 8 “xa se ía facer” polo que non había necesidade de votar a favor da moción presentada polo PP. Tal e como mencionou o Presidente Tomé no pleno de onte da Deputación, “xa se puido ter feito antes” dando a entender que non lle constaba ningunha solicitude a este respecto por parte do concello burelao.
Dende o PP de Burela adiantan que “estaremos vixiantes para confirmar que a solicitude de sinalización chega ata o Ministerio de Fomento. Non vaia a ser que o Sr. Tomé teña a mesma fiabilidade que o seu compañeiro de partido, o Sr. Llano, e a mentira sexa un mal endémico dentro das filas socialistas”.

Exit mobile version