Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro: “Caballero vén sempre a Lugo coas mans baleiras e a facer de avogado de Sánchez en contra dos intereses dos lucenses”

Lugo, 19 de setembro de 2019.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asegurou que o secretario dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero: “ vén sempre á provincia de Lugo coas mans baleiras, a facer de avogado de Pedro Sánchez e non a defender os intereses dos lucenses. Temos o precedente dos incumprimentos dos traballadores de Alcoa e mesmo o das Pontes, que preocupa na veciña Terra Chá.”

Balseiro asegurou que, “cando se trata de Lugo, fala dende o completo descoñecemento, e aínda así permítese dar leccións a outros.”

O delegado territorial da Xunta en Lugo afirmou que o Goberno de Núñez Feijóo apostou claramente polo equilibrio territorial dende o primeiro momento, favorecendo ás provincias de Lugo e Ourense. “Como consecuencia, nestes anos demos un importante salto tanto en infraestruturas e dotacións como en servizos, especialmente no rural”, para concluír que nesa liña seguirán traballando na administración autonómico.

Débeda con Galicia

“Para poder proseguir temos vontade, ideas e gañas de traballar, e virían ben máis recursos.”

Balseiro lamentou que Gonzalo Caballero veña a Lugo a falar do que non sabe “cando faría mellor en esixir ao Goberno de Pedro Sánchez que lle pague a Galicia os 700 millóns que nos adebeda, que son investimentos que lles debe a todos os galegos e galegas, incluídos os e as lucenses. Sen embargo, observamos con asombro que Caballero defende a postura do Goberno central, esa chantaxe coa que pretenderon obter apoios para formar goberno”.

Segundo Balseiro, Caballero “debe ser o único líder autonómico que non mira polos intereses da súa comunidade nin da súa provincia, mentres o Ministerio de Facenda ignora as demandas de Galicia pero si ten interese en solucionar os problemas pero si ten interese en solucionar os problemas de comunidades autónomas gobernadas polo PSOE “ Neste senso preguntouse: “Esta de acordo Caballero en que o Goberno do PSOE reparta os recurso do financiamento autonómico en función da cor política das Comunidades Autónomas?”

Exit mobile version