Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre enerxías renovables en Mañón

 Mañón, 25 de setembro, 2019. O venres 27 ás 19.30h. no Albergue “Abeiro de Mañón” contaremos coa presenza de Eduardo Lorenzo Pigueiras, catedrático da Universidade Politécnica de Madrid e profesor de enerxía solar fotovoltaica. Tamén participará Gilberto Gil, enxeñeiro mecánico e máster en renovables, quen estivo a cargo da charla na primeira edición das xornadas en Xaneiro deste ano.

Na charla abordaremos o estado do sistema eléctrico español e o impacto que sufrirá polo autoconsumo fotovoltaico; por isto, revisaremos o Real Decreto 244/2019 de abril de 2019 no que é regulado o autoconsumo de enerxía eléctrica. Tamén falaremos do noso maior reto: o cambio climático. E, para rematar, convidamos ao público a participar e falar sobre sostibilidade.

O sábado 28, ás 11:30h., visitaremos a casa de Eduardo para ver o funcionamento dun sistema de calefacción/auga quente sanitaria mediante enerxía solar térmica con respaldo dunha caldeira de biomasa. Alí tamén falará do funcionamento dos muíños de auga e toda a tecnoloxía que significaban.

Poñemos un punto de encontro para o sábado 28, ás 11:15h. na explanada do Cruce de San Pedro: xusto no cruce da estrada do Barqueiro a Mañón, coa que sube do Baleo (Ortigueira) cara Ponte do Porto/Casanova.

É preciso anotarse para a visita do sábado 28 (antes do xoves 26) no teléfono 653756454 (Ricardo) ou en asociacion.nordes@gmail.com.

Tamén, hai que anotarse para o xantar que ofrecemos como remate desta segunda edición sobre enerxía renovables en Casa Urbano, a 15€/persoa, que constará de: sopa de peixe, cordeiro asado, postre e bebida.

Exit mobile version