Site icon Crónica3.com A Mariña

Concentración en Ribadeo na Folga mundial polo clima

 Ribadeo, 26 de setembro, 2019. Este venres 27 de setembro, ás 20:00 horas terá lugar unha concentración diante do concello de Ribadeo para sumar a cidadanía do noso entorno á Folga Mundial Polo clima.
Este evento está potenciado a nivel mundial de xeito colaborativo por numerosas asociacións e movementos como FridaysForFuture ou Extinction Rebellion, desarrollando accións durante toda esta semana. En Ribadeo, o cartel adxunto foi realizado polo Movemento de Defensa das Pensións, xuntándose e apoiando diversos grupos chamando á cidadanía á participación.
A nivel estatal, o congreso xa ten aprobada a declaración de emerxencia climática, mais a tódolos niveis estase a comprobar que as declaracións non serven, serven as accións.
Hai diversos lugares onde se poden atopar as convocatorias, como https://www.fridaysforfuture.org/events/map , e onde se pode ampliar a información sobre o desastre climático mundial.

Exit mobile version