Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do BNG para un Viveiro libre de contaminación electoral

 Viveiro, 30 de setembro, 2019. No pleno de xullo de 2019 a corporación municipal de Viveiro aprobou nunha moción o recoñecemento da emerxencia climática, así como, a emenda do BNG de pór en marcha campañas de concienciación a prol da redución, reutilización e reciclaxe de residuos co obxecto de evitar a contaminación. Somos as forzas políticas e os seus representantes quenes debemos ser xs primeirxs en poñelas en práctica dando así exemplo á nosa veciñanza, que ven como os partidos políticos seguimos mantendo unha mala práctica tradicional ao invadirmos coa propaganda electoral os espazos públicos de xeito indebido.

Ben é certo que a listaxe de contaminantes visuais é ampla ao longo de todo o ano, pero as numerosas campañas electorais que estamos a padecer nos últimos tempos fai incrementar e agravar aínda máis este problema coa utilización dos seus diferentes formatos, tales como afiches, pasarrúas, pintadas e cartelería moderna que utilizan os postes das luminarias como sostén.

Por último, cabe recordar que a proposta dos compañeiros do BNG de Xove foi aprobada polo pleno do Concello de Xove por unanimidade, un acordo similar ao que nesta moción se plantexa.

Desde o BNG estamos convencidas de que todxs xs representantes da corporación municipal de Viveiro coincidimos na necesidade vital de manter limpos os espazos públicos en todo o termo municipal de Viveiro, polo que en virtude de todo o exposto solicitamos ao pleno da corporación local a adopción do seguinte ACORDO:

1.Declarar Viveiro libre de contaminación electoral para o que se habilitará por parte do Concello, naqueles espazos públicos máis estratéxicos das parroquias do concello, soportes (paneis, taboleiros…) temporais ou permanentes acordes coa estética da contorna onde poderán colocar a súa propaganda electoral os partidos políticos que se presenten ás diferentes convocatorias electorais, coa delimitación de espazo prefixada pola Xunta Electoral de Zona ou Central no seu caso.

2.As formacións políticas que compoñen a corporación municipal, e que se presenten ás diferentes convocatorias electorais, comprometeránse públicamente a respectar o acordado no punto primeiro antes do comezo de cada campaña electoral.

Exit mobile version