Site icon Crónica3.com A Mariña

No Concello tivo lugar este venres unha recepción á delegación de Loctudy, poboación francesa coa que Ribadeo está irmandada, que estes días se atopa de visita na vila

 Ribadeo, 13 de setembro de 2019. Recepción no Concello á delegación dunha trintena de veciñas e de veciños de Loctudy, poboación da Bretaña francesa coa que está irmandada Ribadeo, que estes días visita a localidade.
Con eles estiveron no Concello o alcalde, Fernando Suárez, e a edil de Cultura, Pilar Otero.
O rexedor deulles a benvida “a esta terra irmá. Contamos con ánimos e ilusión renovada para seguir mantendo os vencellos de unión entre os dous pobos irmáns”.
Suárez Barcia lembrou que “foron moi amables cando nos recibiron hai un ano e agora da man de familias ribadenses, a través desta asociación constituída ao efecto, pretendemos que estes días sexan inesquecibles para todas e todos vostedes aquí en Ribadeo, na Mariña e na Galiza”.
A delegación de Loctudy visita durante a súa estadía en Ribadeo o centro de cultivos mariños, o Real Club Náutico ou a praia das Catedrais, entre outras localizacións. Tamén se desprazan estes días a Viveiro, a Lugo, ao Castro de Viladonga, á Pontenova e a Taramundi.

Exit mobile version