O rexedor declarou que “rematou onte a quinta edición da Feira do Libro que comezamos a organizar aquí o ano 2015, que ano tras ano se foi consolidando, e agora penso que é unha referencia clara na Mariña. Nosoutros facémola para dalgunha maneira contribuír á base cultural do pobo, ás oportunidades de ver e participar en debates e nestes tres días penso que se cumpriron perfectamente. A Feira do Libro é unha manifestación máis do interese que ten o Concello de Burela por espallar a cultura na súa diversidade e tamén a xente pode escoitar de forma directa as opinións dos propios autores de moitos libros, tanto de fora de Galicia como da nosa comunidade, da Mariña e incluso de Burela. Iso é algo interesantísimo e que dá lugar á singularidade desta feira e ao mesmo tempo a cantidade de actos que paralelamente se foron facendo, musicais, contacontos, etc…”.
Llano pensa que “estes días foron moi completos e que realmente nos motivan para seguir facendo este tipo de feiras, que loxicamente hai que ir procurando mellorar, que sexan cada vez máis atractivas e que haxa máis participación, tanto de escritores como de librerías. Xa se está pensando en facer esa mellora cara ao ano que ven. Quero felicitar ao concelleiro de Cultura e tamén á xente do pobo que se achegou de maneira moi notoria este ano á praza da Mariña a disfrutar da Feira do Libro de Burela”.