Site icon Crónica3.com A Mariña

O ciclo de concertos ‘O son do tempo’ chega a Alfoz

 Alfoz, 12 de setembro de 2019. O próximo domingo 15 de setembro, ás 19.00 horas, na Igrexa de San Salvador do Castro de Ouro, ao lado do Castelo do Castro de Outo, terá lugar un concerto de música medieval dentro do ciclo ‘O Son do Tempo’ promovido pola Deputación Provincial de Lugo.
Músicos de recoñecido prestixio como é o Grupo lucense Lucus Ensemble, un dos principais referentes da música de cámara da provincia, será o encargado desta actuacións musical. Este grupo está formado por trece compoñentes (once instrumentistas e dous vocalistas), e goza dun prestixio gañado a pulso ao longo dos case cinco anos da súa existencia, e dos seus múltiples concertos e repertorios diferentes.
Os instrumentos que se cederán por parte da Deputación para estes concertos son: unha zanfona medieval, unha viola de tres cordas, un salterio e unha Giga. Algúns deles creáronse no Obradoiro de instrumentos musicais do CENTRAD que impulsou a Deputación na pasada anualidade.

Exit mobile version