Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros inicia a licitación de mantemento e mellora de camiños

Este proxecto de mantemento e mellora inclúe os seguintes camiños: carretera Rego de Molido, acceso a Pena, carretera de Abadía, de Abadía a N-634 e acceso a Alto de Gondán. O importe total da obra é de 67.145,95 € (IVE incluído) e está cofinanciada co 79% polo Agader, dentro do Plan de mellora de camiños municipais para os anos 2019-2020. O prazo de execución previsto é de tres meses e as obras teñen que estar rematadas antes de xuño de 2020.

Exit mobile version