Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promove a asociación Arama

 Cervo, 9 de setembro de 2019. O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en Cervo e en San Ciprián.
A actividade foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, José Villarino.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250 ou 620.817.300.
O vindeiro xoves, 12 de setembro, está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.
As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá; e o prezo mensual está fixado en 20 euros por persoa.
O pasado ano foron 16 as parellas que asistiron ao curso.

Exit mobile version