Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz mellorará camiños da parroquia de San Acisclo, que visitou este venres o Alcalde, Fran Cajoto

 Foz, 6 de setembro de 2019. O Concello de Foz mellorará camiños da parroquia de San Acisclo, que visitou hoxe, venres, o alcalde, Fran Cajoto, quen anunciou que as obras comezarán en breve.
O rexedor municipal focense explicou: “desde o Concello de Foz imos iniciar unhas obras de aglomerado na parroquia de San Acisclo. Son 1.310 metros en total de varios camiños: o que sube da estrada da igrexa a Bidueiras (480 metros), o que vai desde a estrada da igrexa a Sobrado (510 metros) e outro tramo no mesmo camiño de Sobrado, de 320 metros. Esta actuación farase grazas ao apoio financeiro de Agader, que depende da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e aporta case 50.000 euros para poder executar estas obras”.
Fran Cajoto engadiu que “no Concello de Foz queremos sempre apoiar o rural, onde hai moito déficit de arranxo nas infraestruturas e nos distintos viais; e vamos estar traballando para arranxar iso, sempre ao lado dos veciños para mellorar as infraestruturas”.
O alcalde de Foz tamén comentou que estas obras “comezarán en poucos días, xa fixemos o replanteo das mesmas e en breve empezará a limpeza das cunetas e bermas para acto seguido facer o aglomerado en quente, co cal aseguramos un firme cómodo e seguro para a circulación de todos”.

Exit mobile version