Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consello da Xunta autorizou a licitación da obra necesaria para ampliar a estación depuradora de augas residuais de Viveiro, cun investimento de máis de 3, 9 millóns de euros

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 12/09/19.

Viveiro, 12 de setembro, 2019. O Consello da Xunta autorizou hoxe a licitación da obra necesaria para ampliar a capacidades e mellorar a estación depuradora de augas residuais de Viveiro, cun investimento de máis de 3, 9 millóns de euros.

O Executivo autonómico pode iniciar a contratación das obras unha vez recibida esta mesma semana a documentación municipal necesaria para executar uns traballos de competencia municipal.

Nos vindeiros días a Xunta iniciará a contratación das obras contidas no proxecto redactado polo organismo hidráulico da Xunta de mellora das liñas de tratamento da estación depuradora de augas residuais de Viveiro. Estas obras dispoñen dun prazo de execución de 18 meses, que inclúen o período de posta en servizo en probas.

O obxectivo desta obra da Xunta é levar a cabo as actuacións necesarias para conseguir un tratamento completo das augas residuais do núcleo de Celeiro e incorporalas á EDAR, que necesitará ampliar as instalacións para recibir o novo efluente, aumentando a súa capacidade e optimizando o seu funcionamento.

As actuacións da Xunta

Esta intervención é unha das tres actuacións deseñadas polo organismo hidráulico da Xunta, para a mellora do sistema de depuración en Viveiro, cun investimento duns 7 millóns de euros. Tratase de dar solución á rede de Celeiro e da construción dunha nova condución de desaugamento submarino que se conectará ao actual tramo terrestre existente.

O Goberno galego amosa a súa implicación polo saneamento das rías galegas e reafirma o seu apoio aos concellos na súas competencias municipais, para o que segue a traballar de maneira constante co obxectivo de cumprir coas normativas europeas e lograr o saneamento integral das rías.

Exit mobile version