Site icon Crónica3.com A Mariña

O Director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o inspector educativo do centro, Javier Suárez, visitan centros educativos que imparten FP e empresas en Alemaña

 Foz, 26 de setembro de 2019. O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o inspector educativo do centro, Javier Suárez, realizan unha mobilidade Erasmus+ en Alemaña, dende o 21 ao 28 de setembro, dentro do programa para Educación Superior KA103. Durante estes días están visitando diversos centros educativos que imparten FP no país xermano, como o Berufsbildende Schule Südliche Weinstraße, e centros da FP Dual, como o Johann-Georg-Doertenbach-Schule, coas particularidades propias desta modalidade no país. Tamén está coñecendo empresas onde realizan prácticas os alumnos/as deses centros e negocios relacionados coa hostalería do país, como bodegas ou escolas de viticultura, como a Weincampus Neustadt.
O fin destas actividades, financiadas pola Unión Europea, é a de acadar un maior desenrolo profesional dos participantes, mellorando o seu nivel de aptitudes e competencias clave, impulsando melloras na calidade e na internacionalización do IES de Foz, promovendo a concienciación dun espazo europeo de aprendizaxe, potenciando a dimensión internacional da organización e mellorando a ensinanza-aprendixaxe de linguas estranxeiras. Os resultados sempre son moi positivos para todos os participantes e para o IES de Foz, fomentándose novas mobilidades e outras formas de traballar.

Exit mobile version