
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, e o adestrador Juanma Marrube representaron á Familia Laranxa na Presentación Oficial da Tempada 2019/2020 na sala OH MY CLUB de Madrid, onde, ademais de premiar aos mellores da pasada campaña, o acto serviu tamén como homenaxe aos cinco xogadores elixidos polos afeccionados para conformar o mellor equipo da Historia da LNFS ao longo destas tres décadas. Manuel Blanco recolleu dobre galardón, como campión de Segunda División 2018-19 e Equipo máis Deportivo da categoría. Juanma Marrube, pola súa banda, recibiu a distinción de Mellor Adestrador de Segunda.