Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz levará unha moción ao pleno de setembro para que o actual goberno non bloquee a tramitación do anteproxecto da nova depuradora e respete a ubicación elexida por PP e FPF na pasada lexislatura

 Foz, 11 de setembro, 2019. Dende o Partido Popular de Foz preocúpanos que o actual goberno bipartito de Psoe e Bng poda dar marcha atrás ao expediente da nova Depuradora que se atopa nun estado moi avanzado de tramitación; dado que foron eles cando estaban na oposición, os que se opoñían á ubicación plantexada por PP e FPF na Granda de Forxán e que agora figura no actual anteproxecto, polo que presentaremos unha moción instando ao goberno a que unha vez máis cambie o seu criterio e prosiga co traballo realizado polo anterior goberno popular.
O Voceiro municipal, Javier Castiñeira engadía “….a día de hoxe a tramitación da nova depuradora de Foz está moi avanzada, pendente de que Augas de Galicia resolva as alegacións ao anteproxecto que foi publicado o 22 de febreiro de 2019 e sexa informado polo órgano ambiental competente.
A partir de aí deberá ser a Corporación Municipal a que teña que confirmar o anteproxecto en Pleno e poñer a disposición os terreos para que Augas de Galicia licite o proxecto e a construción de acordo ao convenio firmado o 31 de agosto de 2016 entre o Concello de Foz e a Consellería de Medio Ambiente e polo que a Xunta comprometía 8 millóns de euros para resolver definitivamente os problemas ambientais ocasionados pola actual depuradora…”.
Prosigue o exalcalde que “…É precisamamente iso o que nos preocupa; que todo isto poda sufrir un parón dado que os grupos que conforman o actual goberno, Psoe e Bng están totalmente en desacordo coa ubicación que plantexa o anteproxecto na Granda de Forxán, aprobada por maioría no Pleno do 3 de novembro de 2015 cos votos favorables de PP e FPF e defenderon ata o último momento outras opcións distintas á proposta pola Xunta coma a de ampliar a existente en Foz que pretendían os socialistas ou a ubicación no polígono de Fazouro pola que apostan os nacionalistas…”
Asevera Castiñeira, “…O bipartito ten dúas opcións “…ou ser consecuentes co dito na oposición durante estes últimos anos e co prometido electoralmente no mes de maio a diferentes colectivos e asociacións e REXEITAR o anteproxecto actual, o que conlevaría a perda de anos de tramitación e do finanzamento asinado entre a Xunta de Galicia e o anterior goberno municipal do Partido Popular, ou tirar á taza do water os argumentos que usaron estes 8 anos e apoiar a nosa moción E PROSEGUIR CO ANTEPROXECTO DA DEPURADORA NA GRANDA DE FORXÁN, INDA QUE ISO SUPOÑA UNHA NOVA INCOHERENCIA de Psoe e Bng posto que estarían tomando decisións no goberno contrarias ao que propoñian na oposición, o cal tampouco nos sorprendería…”
Conclue Castiñeira, “… Queremos que non axa dúbidas, hai moito en xogo e Psoe e Bng neste asunto preferiron sempre a malmeter e o bloqueo que a sumar co anterior goberno o que agora pode ser un problema. Sabemos ademáis que os Srs Cajoto e Fanego o pasado mes de agosto mantiveron unha reunión cos responsables de Augas de Galicia que non trascendeu publicamente e ás costas da comisión de seguemento da depuradora o que aumenta a incertidumbre polo que tamén pedimos se convoque inmediatamente e se dé conta do falado ou o acordado na mesma e en todo caso se lle explique a grupos da oposición e asociacións veciñais que ten pensado facer o novo goberno…”

Exit mobile version