Site icon Crónica3.com A Mariña

Paro de catro horas en Costiña O Comité de empresa denuncia reiterados incumprimentos salariais

 Alfoz, a 17 de setembro de 2019. O Comité de empresa de Costiña convocou este martes un paro de catro horas, que foi secundado pola maioría dos 65 traballadores da empresa, para denunciar os reiterados retrasos no pagamento das nóminas por parte da empresa.
O paro tivo lugar en dúas quendas, dende as once e media da mañán á unha media da tarde e dende as dúas até as catro da tarde. Durante ese tempo os traballadores, que se mantiveron nas instalacións da empresa, atenderon as explicacións do comité e de membros do sindicato CIG e decidiron as vindeiras medidas a tomar de seguir coa situación de retrasos nos pagamentos. Isto pasa por convocatorias de folga tódolos meses até que a empresa se comprometa a ingresar a nómina “cando menos antes do día quince de cada mes, xa que o cumplimento estrito do convenio, que fixa os seis primeiros días do mes para pagar, semella moi difícil” aseguran dende o comité de empresa.
“Dende o comité non quixeramos ter chegado a esta situación. Levamos moito tempo así e a xente xá vai cansada de incumprimentos por parte da empresa. Os recibos chegan ao banco e nós temos que cumplir. Tivemos moita paciencia, a empresa sábeo ben, mais a paciencia estásenos a acabar e, diante da actitude da empresa temos que tomar medidas” advirten dende o comité.

Exit mobile version