Site icon Crónica3.com A Mariña

“Plan e pan de futuro”, por Antonio Lage-Seara

Estos días anunciábase o peche acelerado da térmica de As Pontes. Crónica dunha morte anunciada… que pode arrastrar a ALCOA, órganos vitáis que poden deixar feridas de gravidade as comarcas de Ferrolterra e A Mariña, as sufridoras da costa galega.

E mentras tanto a clase política segue aturdida, pensando máis nas cadeiras que nas propostas alternativas, que acode ás maifestacións máis por ir recoller votos, que pola consciencia do impacto. Amósase a inoperancia e pouca capacidade resolutiva . Algúns xa tiran a toalla, liscan dos problemas, é necesaria unha rexeneración social. Hai unha batalla á que afrontarse e para iso valentía, aptitude, disposición e solucións.

¿E agora qué? ¿Onde están os millóns tirados ó lixo para axudas, están en asfalto, festas, obras de sobrecosto e farolas, onde está o colchón ou cinturón alternativo, onde están as políticas industriáis, de competencia, o apoio a economía e a baixada de impostos?

A asfixia é tal que xa non se respira aire fresco. Pero temos que comezar a poñer plans sobre a mesa, coma a tranformación das materias primas propias, un turismo sostible de calidade, embelecer e vitalizar as vilas e o seu comercio artesán, frear a fuga de cerebros novos e a despoboación crecente, reaxustar o gasto público, incentivar o emprendemento, programas de reconversión fructíferos, accións de estudo de impactos económicos. E ante todo loitar por manter o que temos e non resignarnos a perdelo.

Henry Ford: “O fracaso é simplemente a oportunidade para comezar de novo, nesta ocasión con máis intelixencia”.

Exit mobile version