Site icon Crónica3.com A Mariña

Saque de honra laranxa para a vitoria do CD Lugo

O Pescados Rubén Burela FS gozou onte da vitoria en Segunda División do CD Lugo no Anxo Carro fronte ao Fuenlabrada (2-0) como convidado de luxo. A capitá laranxa, Bea Mateos, realizou o saque de honra nunha cita na que as mariñás foron homenaxeadas cun pasillo inicial como supercampioas de España e triunfadoras do 4Nations Futsal de Milán, ademais da I Copa de SM A Raíña.

Exit mobile version