Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo formado por 18 tour operadores e axencias de viaxe rusos visitaron o Souto da Retorta, co fin de coñecer un dos espazos naturais máis importantes de Viveiro

 Viveiro, 10 de setembro, 2019. Un grupo formado por 18 tour operadores e axencias de viaxe rusos visitaron onte pola tarde o Souto da Retorta, co fin de coñecer un dos espazos naturais máis importantes do noso concello.

Este grupo está a realizar unha viaxe por distintos puntos de Galicia co fin de coñecer e valorar posibles destinos turísticos e a súa visita ao noso concello foi posible grazas ás xestións da Concelleira de Turismo.

Á súa chegada foron recibidos por un grupo de gaitas e durante o seu paseo polo Souto da Retorta estiveron acompañados pola Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, e polo 1º Tenente de Alcalde, Jesús Fernández Fernández. Ademais, realizaron unha visita ao casco antigo de Viveiro e pernoctaron no noso concello antes de continuar a súa viaxe por Galicia.

Este tipo de accións son fundamentais para potenciar Viveiro fóra das nosas fronteiras, un dos obxectivos no que se está a traballar intensamente e que, sen lugar a dúbidas, está a dar os seus froitos, tal e como pode constar co incremento de visitantes rexistrados durante o periodo estival.

Exit mobile version