Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciñanza e BNG piden a eliminación de toda simboloxía franquista do Barrio do Chao

 Viveiro, 24 de setembro, 2019. Baixo o nome de “Cóntallo ti”, o BNG viveirense está a visitar todas as parroquias escoitando e recollendo demandas de todxs xs veciñxs do Concello. O último destes encontros deuse na Casa do Forno en Celeiro, onde se propuxeron e debatiron diferentes cuestións entre os veciños ali presentes onde unha das demandas está relacionada co grupo de vivendas do Barrio do Chao, inauguradas no 1955 polo “Instituto Social de la Marina” tal e como anuncian as placas situadas ao pé da estatua de “San Rafaeliño” na entrada do Barrio. Estas placas mencionan ademais ao falanxista “Pedrosa Latas”, nome que xa foi retirado do CEIP de Celeiro en aplicación da Lei de Memoria Histórica e acordado no pleno de 7 de febreiro de 2018 por sobrados motivos.

Polo exposto, solicitaremos no vindeiro pleno do 2 de outubro a substitución de ditas placas, cun posíbel texto que reflicte o seguinte “Grupo de Vivendas dos mariñeiros (1955) Barrio do Chao”, así como tamén a eliminación de todo recoñecemento público que atente contra a Memoria Histórica e poda perdurar no citado barrio.

Exit mobile version