Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas “Enerxías Renovables II” de Nordés

Nordés celebra as xornadas “Enerxías Renovables II” o venres 27, ás 19:30h., cunha charla no Abeiro de Mañón (Mañón) da man do catedrático Eduardo Lorenzo Pigueiras (UPM) sobre o sistema eléctrico español, o autoconsumo fotovoltaico, o cambio climático e a sostibilidade. O sábado 28, ás 11:30h., realizaremos unha visita a unha casa onde se practica o autoconsumo, baixo reserva no 653756454 ou en asociacion.nordes@gmail.com. Tamén haberá que reservar para o xantar ás 14:30h. en Casa Urbano, cun menú de 15€/persoa.

Exit mobile version