Site icon Crónica3.com A Mariña

A Área de Deportes achega 30.000 euros á celebración do Rally San Froilán, que se disputará os días 25 e 26 de outubro

 Lugo, 21 de outubro de 2019.- O deputado de Deportes, Efrén Castro, e a vicepresidenta da Escudería Miño Lugo, Maite Vilanova, asinaron o convenio de colaboración para a organización da 41 edición do Rally San Froilán, que se disputará do 25 ao 27 de outubro.

A área de Deportes achega 30.000 euros á realización da proba, unha das citas máis agardadas polos pilotos e afeccionadas e afeccionados ao motor de toda Galicia. A carreira, que se desenvolverá en dúas etapas, puntúa para ao Campionato de Galicia de Rallyes co máximo coeficiente.
O rally discorrerá por treitos dos concellos de Lugo, Outeiro de Rei, Friol, Meira e Pol, cos que sumará un percorrido total de 379 quilómetros, 91,3 deles correspondentes a oito treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ao tráfico.
A cerimonia de saída será o venres 25 ás 20.00 horas na Praza Maior da capital lucense.

Exit mobile version