Site icon Crónica3.com A Mariña

A axencia de viaxes Augasantas de Ribadeo, organiza unha excursión ao santuario francés de Lourdes, a Zaragoza e a Bilbao durante a ponte de Todos os Santos, do 1 ao 3 de novembro.

A actividade inclúe a viaxe en autocar os tres días, pensión completa, seguro de viaxe e excursións con guía. O prezo é de 230 euros por persoa. Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.

Exit mobile version