Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Foz acollerá o 15 de outubro unha xornada de sensibilización en prevención de riscos laborais, que se centrará nos hábitos saudables no comercio de proximidade

 Foz, 6 de outubro de 2019. O vindeiro 15 de outubro terá lugar na Casa da Cultura de Foz unha xornada sobre hábitos saudables no comercio de proximidade. Será ás 20:30 horas. Está organizada pola Federación Galega de Comercio, que conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto e co financiamento da Xunta de Galicia.
Nesta cita preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e traballadores, reforzando as medidas xa establecidas por lei, achegando información sobre os riscos específicos do sector, sobre os derivados do uso das novas tecnoloxías e fomentando os hábitos saudables.
A asistencia á xornada é gratuíta. É necesario inscribirse antes do día 10 chamando ao teléfono 982 13 27 51 ou no correo electrónico aciafoz@gmail.com. Os asistentes, si o desexan, recibirán un certificado de realización do curso.

Exit mobile version