A Rede Museística Provincial celebra o medio século de historia do centro cervense cunha xornada de convivencia que subliña o seu papel como referente cultural e gardián de parte da memoria da Mariña Lucense.
Maite Ferreiro presidirá o acto institucional que comezará ás 11:30 horas e no que se renderá homenaxe a Francisco Rivera Casás, o mestre que impulsou o nacemento do museo, coa presenza do seu neto, Javier Rivera.
Ademais, a efemérida servirá para dar voz ás mulleres do mar, fundamentais na creación e conservación do patrimonio que alberga o msueo Así, descubrirase unha placa doada pola artista Violeta Bernardo.
Ademais incorporanse ao museo os arquivos persoais de Chema Leal Bóveda e Xoán Ramón Fernández Pacios. Os investigadores ceden documentación relacionada cos seus estudos sobre o papel da muller no mundo do mar e nas industrias pesqueiras tales como partillas, dotes, contratos de matrimonio ou ordes reais.
No acto participarán tamén representantes das corporacións municipais e asociacións e colectivos culturais da comarca.
“Un museo para 15 concellos. Viaxes de ida e volta”
Arredor do cincuenta aniversario, desenvolverase o programa “Un museo para 15 concellos. Viaxes de ida e volta” que pretende renovar os lazos entre o museo e a comunidade dos municipios mariñaos.
Ata decembro de 2020, celebraranse diferentes xornadas para poñer en valor a riqueza patrimonial dos diferentes concellos a través dos axentes e colectivos culturais locais.
O ciclo comezará mañá pola tarde cun programa artellado en torno ao legado das mulleres do mar.
16:30h. Parladoiro entre Javier Rivera, Encarna Lago González e Silvia Fiallega Lorenzo sobre o tema “Da escola de D. Francisco a un museo de todxs e para todxs. As facedoras de mundos. 50 anos do Museo Provincial do Mar. 15 anos de xestión como museo”.
19:00h. Charla sobre o tema “Mulleres de papel no Mar Cantábrico galego I”, a cargo de Chema Leal, profesor da UNED, investigador da USC, Máster en Xestión do Patrimonio Cultural.
20:30h. Charla sobre o tema “Mulleres de papel no Mar Cantábrico galego II”, a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios, licenciado en Xeografía e Historia e coidador do Centro de Interpretación do Camiño de Mondoñedo.
Programación ao longo do 2019
15 de outubro
Parladoiro: Os nosxs maiores contan
“A memoria oral. A importancia do patrimonio inmaterial”, a cargo do Club Sénior da Rede Museítica.
30 de novembro
“Daquela escola a un museo: un mar de cultura”. Xornada na que os veciños de San Cibrao, aproveitando a festividade de santo André, en tempos a máis popular da vila, queren lembrar e homenaxear a tódalas aquelas persoas que fixeron parte na historia do noso museo cando aínda era escola.
3 de decembro
“O museo inclusivo”, charla de Ángeles Miguélez, coa presenza dos colectivos para a discapacidade da mariña.
12 de decembro
Conferencia “O porto da Atalaia. De Bayona a Baiona”, a cargo do arqueólogo Enrique Alcorta Irastorza
13 de decembro
Faladoiro: Os cronistas contan
Os cronistas oficiais de Viveiro, Carlos Nuevo, de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, e de Mondoñedo, Antonio Reigosa, dialogarán coa historia e as historias do Mar da Mariña de fondo
18 de decembro
“Relatos da emigración”. Xuntanza coa comunidade migrante na Mariña.
“Microhistorias de ida e volta”. Presentación deste proxecto da fotógrafa e deseñadora Evelin Ruíz Crego. É unha viaxe ao pasado e ao presente a través dos recordos e historias persoais da vida de mulleres emigrantes galegas e cubanas. É un rescate das súas testemuñas, dos seus propios relatos migratorios e de imaxes que reflexan os seus recordos, sentimentos e vivencias.