Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana Romero e Ale de Paz estrearanse coa vermella en Eslovenia, xunto a Peque e Jenny Lores

 Burela, 28 de outubro, 2019. O Pescados Rubén Burela FS acaba de recibir unha gran noticia, un novo recoñecemento ao gran traballo das Guerreiras Laranxas. Xunto á habitual presenza de Peque coa Selección Española e a Jenny Lores, que se estreou no último compromiso en Huelva, súmanse á lista de Clàudia Pons a porteira murciana Ana Romero e a ala nedense Ale de Paz, con destino a Eslovenia (3-7 de novembro)

As catro burelistas incorporaranse á expedición da Vermella o domingo tras o encontro que disputarán na pista de Sala Zaragoza (12.00 horas). España medirase en dous amigables ao combinado anfitrión, en Podcetrtek e Celje.

Exit mobile version