Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o venres celébrase en Ribadeo a quinta Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste

 Ribadeo, 10 de outubro, 2019. O Parador acolle durante o 10 e 11 de outubro a quinta edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e na que participan representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.
Baixo o título ‘Reflexións sobre a pesca artesanal: sostible, rentable e con futuro’, o evento serve un ano máis como foro de debate acerca de diferentes temas de interese para a frota de pequena escala. O congreso repite a dinámica de anteriores edicións: reunión interfederativa o xoves pola tarde e reunión de traballo conxunta entre representantes das Confrarías a das Administracións pesqueiras de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico na mañá do venres.
Abriu a xornada o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, tamén presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero, acompañado dos dous vicepresidentes da Federación de Lugo, Javier Martínez e Domingo Rey, á súa vez patróns maiores das confradras de Ribadeo e Celeiro.
Nesta reunión están participando representantes da maioría das Federacións de Confrarías do Cantábrico Noroeste: Guipúzkoa (Josu Ezenarro González Etxebarri e Miren Garmendia), Bizkaia (Aurelio Bilbao Barandica e Eusebio Aranzamendi Etxaburu), Cantabria (Miguel Fenández Pérez e Enrique Paz),Asturias (Juan Dimas Acebal e Mª José Rico Fernández), Lugo (José Basilio Otero, Javier Martínez Otero, Domingo Rey Seijas e Carmen Abad), A Coruña (Daniel Formoso) y Pontevedra (José Manuel Rosas e Francisco Javier Martínez Durán), así como a Federación Galega de Confrarías (José Antonio Pérez Sieira e Marita González).
Os representantes das confrarías analizaron a situación e o grao de cumprimento das conclusións alcanzadas tra-lo congreso do ano pasado en temas relacionados cos descartes, as medidas técnicas, o Regulamento de control da pesca ou o plan de xestión do Cantábrico-Noroeste… Usando estas pasadas reflexións como punto de partida, na presente edición da Interfederativa de Confrarías do Cantábrico-Noroeste estanse abordando diferentes temas xerais e de interese común para o sector, como de novo os descartes, os permisos e diferentes criterios de peche da pesquería do bonito do norte, o regulamento OMNIBUS, o futuro dos fondos FEMP, a situación da sardiña ibérica ou os cupos de verdel propostos polo ICES.

XORNADA DO VENRES
Na reunión de traballo conxunta que se celebra o venres pola mañá entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico, o sector exporá ás Administracións as principais conclusións derivadas do traballo do xoves.
Esta sesión contará coa asistencia da Secretaria Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz Iglesias; a Directora Xeral de Recursos Pesqueiros, María Isabel Artime García; o Director Xeral de Ordeación Pesqueira e Acuicultura, Juan Ignacio Gandarias Serrano; a Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda; o Xefe de Coordinación da Área de Mar en Lugo, Pablo R. Fernández Asensio; o Director Xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; a Directora de Pesca e Alimentación de Cantabria, Marta Ana López; e o Director de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Leandro Azcue Múgica. Tamén participarán o presidente da sección de pesca da Federación Europea de Traballadores do Transporte (ETF), Juan Manuel Trujillo; o representante do Sector Marítimo Portuario de UGT, Óscar Domínguez Romero; e o responsable do sector do mar de CCOO Galicia, Ricardo Valeiras Grana.

CLAUSURA DO CONGRESO
A Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, estará presente na clausura do Congreso, que se celebrará ao finalizar a xornada matinal, ás 12:45h, cando se unirán tamén a Secretaria Territorial de Lugo, Marta Barreiro Castro; o Concelleiro de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Pablo Vizoso Galdo; o Responsable da Área de Participación Ciudadá da Deputación de Lugo, Roberto García Pernas; así como representantes das organizacións de pesca de Lugo, Porto de Celeiro, Absa Burela, OPP-7 e OPP-77; e de outras entidades como Abanca Mar ou Lucuslex.

Exit mobile version