Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla este domingo no Vicedo sobre o turismo Ornitolóxico no mundo, en Europa, Galicia e o norte de Galicia

 O Vicedo, 3 de outubro, 2019. Dentro do Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculados á Ornitoloxía, que se celebra os días 4, 5 e 6 de outubro nos concellos de O Vicedo e Mañón (toda a información en www.cursoturismoornitoloxico.gal), cabe destacar que o domingo 6 de outubro a partir das 9h da mañá na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha charla aberta ao público en xeral que tratará o potencial do turismo ornitolóxico desde unha perspectiva xeral e tamén a posible aplicación á comarca, de maneira que abordará as claves do turismo ornitolóxico a nivel tanto global como en España e Galicia. Trataranse, por tanto os seguintes temas:

1- O Turismo Ornitolóxico no mundo e en Europa
Por que existe o Turismo Ornitolóxico?
E desde cando?
En que consiste iso de viaxar para ver aves?
Como prepara a súa viaxe un turista ornitolóxico?
Cales son as súas principais motivacións?
E as súas necesidades? Cal adoita ser o tamaño dos seus grupos?
Como adoita distribuír a súa xornada de turismo un turista ornitolóxico?
Cales son as dimensións do Turismo Ornitolóxico a nivel global?
Cales son os principais ámbitos de contacto dos profesionais deste tipo de turismo (feiras, webs, publicacións, etc.)?
Cales son as principais vías de promoción e comercialización dos diferentes produtos de turismo ornitolóxico?
Cales son os destinos preferidos no mundo e en Europa para o turista ornitolóxico? Por que?

2- O Turismo Ornitolóxico en España
En que se fundamenta a oferta de Turismo Ornitolóxico de España?
Cales son os esforzos e accións destinados á súa promoción por parte das diferentes administracións?
Cal é a importancia do Turismo Ornitolóxico no sector turístico español?
Cantos turistas veñen cada ano a España a observar aves?
Cal adoita ser o seu orzamento medio?
Cal é o perfil habitual do Turista Ornitolóxico estranxeiro en España?
E os seus intereses no momento de viaxar?
E cal é o perfil habitual do Turista Ornitolóxico nacional en España?
E os seus intereses no momento de viaxar?
Cal é o tamaño habitual dos seus grupos?
Cales son as súas necesidades?
Exemplos de ofertas de servizos turísticos ornitolóxicos en España (rutas de varios días, rutas dun día, hides…).
Feiras, webs, principais operadores turísticos, etc.

3.- O Turismo Ornitolóxico en Galicia
Cal foi ata agora o desenvolvemento do Turismo Ornitolóxico en Galicia? Breve historia.
Cales son, de forma moi rápida e sintética, os maiores atractivos para o turista ornitolóxico de Galicia?
E as súas principais carencias?
Á vista de todo o anterior, fagamos un rápido DAFO en común do Turismo Ornitolóxico en Galicia.
En que se parece e diferencia ese DAFO ao doutros tipos de turismo en Galicia?
Ademais dos mencionados, cales son os maiores atractivos de Galicia para o Turista Ornitolóxico estranxeiro?
Ademais dos mencionados, cales son os maiores atractivos de Galicia para o Turista Ornitolóxico nacional?
Como deseñou Turismo de Galicia a súa promoción do Turismo Ornitolóxico en Galicia?
Por que?

4.- O Turismo Ornitolóxico no norte de Galicia
Que papel xoga esta zona, na oferta de Turismo Ornitolóxico de Galicia?
Por que?
Cales son os destinos e aves máis atractivos?
Cales son os maiores atractivos para o Turista Ornitolóxico galego, que tamén o hai?
Como percibides as potencialidades desta zona para o Turismo ornitolóxico?

A charla, que correrá a cargo do experto ornitólogo galego Antonio Sandoval, é aberta ao público en xeral pero principalmente dirixida ao sector do turismo (hostelería, comercio, empresas de servicios turísticos, concellos, etc).

Exit mobile version